COCI?A DE LARPEIROS, A. 150 RECEITAS DE BENIGNO CAMPOS

COCI?A DE LARPEIROS, A. 150 RECEITAS DE BENIGNO CAMPOS

120 RECEITAS

CAMPOS, BENIGNO

22,60 €
IVA incluido
Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
2009
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páginas:
180
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
Libros singulares e fóra de cole

Disponibilidad:

  • Calle Doce de OctubreConsulte disponibilidad
  • Calle Valeriano MirandaConsulte disponibilidad

Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da Televisión de Galicia, Larpeiros.A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso.O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras.Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria. Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal.O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia searrequenta coa doutras tradicións foráneas.

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.

Artículos relacionados

  • COCINA ASIÁTICA
    AUGÉ, SÉVERINE
    Explora los sabores auténticos de Asia con más de 100 recetas tradicionales que transformarán tu cocina en un viaje gastronómico inolvidable. La cocina asiática representa mucho más que recetas: es un universo de técnicas milenarias, ingredientes exóticos y filosofías culinarias que conectan tradición e innovación. Cocina asiática reúne 100 recetas auténticas traídas de di...

    37,95 €

  • SILENCIO, SE COME
    COIXET, ISABEL
    «Sabios, agudos, emotivos, ocurrentes… Los textos de Isabel Coixet son un regalo».Cristina Fernández Cubas Desde el principio de los tiempos, la humanidad se ha dividido entre quienes rinden culto a Apolo o a Baco, entre los que recelan del placer y quienes se entregan sin remordimientos al goce de la comida y la bebida. Isabel Coixet, huelga decirlo, pertenece a este segundo g...

    19,95 €

  • PONTE FINO
    BERASATEGUI, MARTIN / DE JORGE, DAVID
    Un recetario para disfrutones, glotones, cocinillas, novatos, despistados y amantes de la buena mesa. En este libro no encontrarás espumas que desaparecen antes de llegar al plato ni ingredientes que solo vende un chamán del Himalaya. Aquí se viene a cocinar, a comer de cine y a rebañar la salsa hasta dejar el plato reluciente. Martín Berasategui y David de Jorge han reunido su...

    24,90 €

  • CIENCIA DE LA PASTELERÍA, LA
    BRESSANINI, DARIO
    Autor de éxito, profesor de química e investigador profesional, Dario Bressanini combina en este libro ilustrado dos géneros tradicionalmente separados: la cocina y la ciencia. Esta nueva edición lleva a las librerías el best seller que nos ha revelado los fundamentos científicos de la pastelería. Convertido ya en un clásico, su lenguaje sencillo, los dibujos explicativos, las ...

    24,90 €

  • EL LIDERAZGO SE COCINA
    BALDERAS, ADELA
    En los restaurantes más exigentes del mundo no solo se cocina. También se forjan maneras de mirar la vida, de organizar equipos, de cuidar a las personas y seguir aprendiendo.La investigadora Adela Balderas traslada el rigor del liderazgo y la gestión emocional al ecosistema de la alta gastronomía. A través de reflexiones y diálogos íntimos con grandes chefs, como Eneko Atxa, E...

    19,90 €

  • 10. EL LIBRO DEL 10º ANIVERSARIO DE PLANETA GASTRO
    Este volumen es el gran libro conmemorativo del 10.º aniversario de Planeta Gastro, una obra que reúne 100 recetas emblemáticas, cuidadosamente seleccionadas entre los títulos publicados a lo largo de estos diez primeros años de trayectoria editorial. Y más que un recetario, este libro es una gran celebración del talento, la creatividad y la excelencia, y un homenaje a quienes ...

    39,90 €